Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra co procedemento abreviado 279/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 279/2019 (procedemento abreviado), interposto por Vicente Prado Santos contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 17 de xuño de 2019, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 (categoría: grupo técnico da función administrativa); (DOG núm. 53, do 15 de marzo).

O recorrente, no seu recurso, argumenta sobre a non procedencia da anulación da pregunta E62 senón a substitución da resposta dada por correcta.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos