Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46170

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2738/2019-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2738/2019-CON

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 424/2018 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: José Manuel Vázquez Padrón

Avogado: José Antonio Pérez Fernández

Recorridos: Fogasa, Hijos de Luis Chao Sobrino, S.A., Antonio Chao e Hijos, S.A., José María Lamo de Espinosa Michels de Champourcin

Avogado: letrado do Fogasa, Paula Aretio Antón

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2738/2019 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Vázquez Padrón contra o Fogasa, Hijos de Luis Chao Sobrino, S.A, Antonio Chao e Hijos, S.A., José María Lamo de Espinosa Michels de Champourcin, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimando totalmente o recurso de suplicación interposto por José Manuel Vázquez Padrón contra a Sentenza do 25 de febreiro de 2019 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada en autos 424/2018, seguido por instancia do recorrente por rescisión do contrato, a Sala confírmaa. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552000037 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronuncíamolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hijos de Luis Chao Sobrino, S.A, José María Lamo de Espinosa Michels de Champourcin, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza