Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46168

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a do Servizo de Radioloxía no Hospital da Mariña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión dunha praza vacante de xefatura de servizo no Hospital da Mariña que se relaciona no anexo deste anuncio.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas cales se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal o servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Hospital da Mariña, na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes dirixidas ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos presentaranse preferentemente no Rexistro do Hospital da Mariña, na rúa Rafael Vior, s/n, Burela, CP 27880 (Lugo), ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 11 de setembro de 2019

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Praza de persoal licenciado sanitario no Hospital da Mariña.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Radioloxía.