Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 197/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra a empresa Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa copia literal di así:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte á sentenza do 1.2.2019, declároa firme e acordo arquivar estas actuacións.

Así mesmo, faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que a sentenza do 1.2.2019 foi notificada a Juan Manuel Refojo González o 6.2.2019 e a Hipescar, S.L., o 26.2.2019, a María José Lorenzo Gómez o 6.2.2019, a Juan Manuel Capella Pérez o 11.2.2019, a Fidel Derivados Cárnicos, S.L. o 6.2.2019, a Campiñas de Laíño, S.A. o 1.2.2019, a Refojo y González, S.L. o 1.2.2019, e a Fogasa o 7.2.2019

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza