De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 4 de outubro de 2019, do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 61.678 polos de ceba, nas Pedreiras, parroquia de Ramelle, no concello de Friol (Lugo), promovido por Juan Carlos Roca Barreiro.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático