De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 4 de outubro de 2019 do proxecto de ampliación de explotación, ata 36.872 galiñas reprodutoras, na parroquia de Parada de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia (Ourense), promovido por O Pazo y Fernández, S.C.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático