De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 4 de outubro de 2019, do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 60.000 polos de ceba, na parroquia de Vilar de Cervos, no concello de Vilardevós (Ourense), promovido por José Manuel Álvarez Nieto e Patricia Fernández Rodríguez.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático