Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto e auto (ETX 104/2016).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 104/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Vázquez Barranco contra María José Yáñez Díaz, Antonio Iglesias Garaboa, J. Antonio Iglesias Garaboa y otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., sobre despedimento, foi dicado decreto na data 8.9.2017 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Acordo:

a) Declarar os executados Antonio Iglesias Garaboa, J. Antonio Iglesias Garaboa y otra, C.B., María José Yáñez Rodríguez, Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., en situación de insolvencia total polo importe de 8.156,05 euros, máis 815,60 euros que se orzamentan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens dos executados.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Así mesmo foi ditado auto de data 31.7.2018 que é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, trinta e un de xullo de dous mil dezaoito.

Auto:

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018.

Feitos

Único. Por escrito presentado pola representación procesual de Alicia Vázquez Barranco púxose en coñecemento deste xulgado que existía un erro no segundo apelido da executada María José Yánez, cuxo apelido correcto é «Díaz» e non «Rodríguez», tal e como consta no edicto publicado no DOG do 5 de abril de 2016.

Fundamentos xurídicos:

Único. De conformidade co manifestado e feitas as comprobacións correspondentes, advertindo o xulgado neste preciso momento a existencia do erro na transcrición do segundo apelido da persoa referida, e sendo esta a condenada e executada no presente procedemento e a destinataria real das notificacións realizadas, procede a rectificación das resolucións xudiciais ditadas desde o inicio do procedemento ata a súa finalización, en atención ao disposto no artigo 267.2 da Lei orgánica do poder xudicial, nos seguintes termos:

Onde di: «María José Yánez Rodríguez », debe dicir: «María José Yánez Díaz».

Parte dispositiva:

Acórdase rectificar o contido das resolucións xudiciais ditadas desde o inicio do procedemento ata a súa finalización, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Onde di: «María José Yánez Rodríguez», debe dicir: «María José Yánez Díaz».

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a María José Yáñez Díaz, expido este edicto.

Santiago de Compostela, o 25 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza