Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 34/2019).

Execución de títulos xudiciais 34/2019

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 223/2018

Sobre despedimento

Demandante: Ana Betsabe García Patiño

Avogado: Torcuato Pablo Labella Lozano

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Gestió Illahotels, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 34/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Betsabe García Patiño contra Gestió Illahotels, S.L., sobre despedimento, ditouse decreto en data do 25 de setembro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo:

a) Declarar a executada Gestió Illahotels, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 33.177,61 euros en concepto de principal, máis 3.317,76 euros en concepto provisional de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0034 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES5500493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0034 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gestió Illahotels, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza