Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45580

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (RSE 78/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento salarios tramit. cargo estado 78/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Fernández Almeida contra a empresa Distrimapi, S.L., Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña, Secretaría de Estado de Xustiza, Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, sobre salarios tram. cargo. estado, foi pronunciada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se di:

«Parte dispositiva:

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Distrimapi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza