Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 48/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 48/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bello Ribadas contra a empresa Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa copia literal di así:

A parte demandante, Manuel Bello Ribadas, presentou escrito en que desiste da demanda; e ao estar citado a xuízo o demandado, déaselle traslado da desistencia polo prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC.

Acórdase suspender os actos de conciliación e xuízo sinalados para o día 2.10.2019 ás 10.20 horas.

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza