Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (341/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 341/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro contra Fondo de Garantía Salarial, Enasa Systems, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019.

Únase o anterior escrito, presentado polo graduado social Javier Castro Freire, ás actuacións. Considéranse feitas as manifestacións e acórdase a suspensión acordada no seu día e sinalar para o acto de xuízo o día 17.12.2019, ás 11.30 horas, na sala 1, planta baixa, edificio do xulgado sito na rúa Berlín s/n. Quedan as partes citadas coa notificación da presente resolución e coas advertencias realizadas na primeira citación, que se dan por reproducidas.

E para que sirva de notificación en legal forma a Enasa Systems, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza