A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 110, do 12 de xuño).
Desde a publicación da Orde do 4 de xuño de 2019 producíronse cambios no persoal que presta servizos na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e que fora designado membro da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que procede a modificación da suplencia da secretaría da Xunta.
De conformidade co exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar o punto 3.2 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativo á suplencia da secretaría, que pasa a ter a seguinte redacción:
«3.2. Suplentes:
– María Carmen Arnoso Calvo.
– Sonia Romero Doniz».
Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo o non afectado por ela, mantense en vigor o previsto na mencionada Resolución do 4 de xuño de 2019.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade