Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45471

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realizarán as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de maio de 2019 e o 30 de novembro de 2019, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías recollidas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos oitenta mil euros (380.000 €), logo da Resolución do 6 de agosto de 2019, pola que se amplía a dotación presupuestaria, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO

Axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero para asociacións de nais e pais do alumnado
de centros educativos de Galicia (SI449B)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019:

CIF

Entidade beneficiaria

Programa proposto

Importe concedido

G15407596

ANPA Eume CEIP Couceiro Freijomil

Medrando en igualdade

2.855,00 €

G70366588

Federación Provincial de ANPAS da Coruña-Costa da Morte

Conciencia igualdade 2019

7.000,00 €

G15201759

ANPA Eduardo Sanjurjo CEIP Sanjurjo de Carricarte

O Sanjurjo con lentes violetas

3.880,80 €

G70552351

ANPA O Forte CEIP Nº 1 Melide

O novembro en igualdade

449,00 €

G15062839

Fecapa

A Escena! A historia de Pepe e Pepa

7.000,00 €

G15308430

ANPA Cristo Rey Ferrol

A música desde unha perspectiva de xénero

4.000,00 €

G15357767

ANPA San Mauro CEIP Barouta

As caretas do machismo

1.000,00 €

G15422694

ANPA CPI Ortigueira Sta. Cruz de Ribadulla

Construíndo pezas

4.000,00 €

G15265200

ANPA Lestonnac Ferrol

A desigualdade de xénero a través da música

4.000,00 €

G15370273

ANPA Castro Baxoi

Miño prevención da violencia de xénero e prevención da igualdade

500,00 €

G15416563

ANPA Camiño de Santiago (CPI Camiño de Santiago)

Xinkana pola igualdade

3.750,00 €

G15315864

ANPA Acibro Colegio Jorge Juan Xuvia

Corazón acivro

3.471,08 €

G15585631

ANPA Espertar CEIP Nº 1 Melide

Educación en igualdade

1.500,00 €

G15215072

ANPA Ponte Romana (conxunta)

Educación para igualdade As Pontes

7.000,00 €

G70362736

ANPA Campo da Area CEIP Camelle

Escola de Camelle en igualdade

3.448,50 €

G15256837

ANPA Brexo Lema do CEIP Emilio González López

Programación igualdade Brexo Lema

3.993,00 €

G15148588

ANPA Virxe de Guadalupe IES Félix Muriel

Cultura activa A

3.872,00 €

G15543242

Fanpa Ferrol e Comarca Concepción Arenal

I Xornadas escolares de Ferrolterra contra a violencia de xénero

7.000,00 €

G15906241

ANPA La Laguna CEIP Ría do Burgo

Obradoiros igualdade familias e nen@s

4.000,00 €

G15036122

ANPA CEIP de Palmeira

“Pum Pum!”, obra de Baobab teatro

2.100,00 €

G15059413

Asociación de Nais e Pais do CEIP López Ferreiro

Cambiemos as narrativas

4.000,00 €

G70386644

ANPA do IES do Milladoiro (Anpamilla)

Promoción da igualdade

4.000,00 €

G15138027

ANPA Napabán do CEIP de Abanqueiro

Programación igualdade

3.872,00 €

G70424007

ANPA O Carboeiro CEIP Camiño Inglés

Educando en igualdade

4.000,00 €

G15292360

ANPA Val de Barcala CEIP O Coto

Facemos un trato? Tratémonos ben

2.100,00 €

G15038003

ANPA Herrerías do CEIP Montel Touzet

Coeducación e prevención

1.400,00 €

G15257173

ANPA CEIP Esteiro Ferrol

Programa de igualdade ANPA Esteiro

2.550,00 €

G70299524

ANPA Celso Emilio Ferreiro

Axudas económicas ás ANPAS

1.200,00 €

G70416557

Confederación ANPAS Galegas

Axendas contra a violencia

7.000,00 €

G70222195

Federación Galegas de ANPAS Compostela

Microvídeos pola igualdade

7.000,00 €

G15433238

ANPA Armando Cotarelo Valledor CPI Boimorto

Actividades de promoción da igualdade

3.932,50 €

G15506397

ANPA Brigantium do CEIP Vales Villamarín

Adiante co bo trato

4.000,00 €

G70077060

ANPA Andaravia (Brión)

Mudar a narrativa

4.000,00 €

G15219728

ANPA Faro CEIP Víctor López Seoane

Fomentando a educación e o bo trato

3.493,51 €

G15058332

ANPA A Rabadela CEIP A Igrexa Calo

Promoción igualdade alumnado Calo

1.210,00 €

G15328321

ANPA Colexio Sagrado Corazón MM Mercedarias

Mercedarias, educación na liberdade

1.130,00 €

G15315856

ANPA Vilaboa

Sexualidade en igualdade

289,00 €

G15229917

ANPA Rías Altas Colexio Rías Altas

Pola igualdade

2.850,00 €

G15551666

ANPA Pedras Brancas CEIP Fogar

Rachando mitos

4.000,00 €

G70129051

ANPA Flavia Pedrón CEIP Flavia

Proposta para SI449B

4.000,00 €

G70107065

ANPA Santa Lucía do IES Praia Barraña

Educar desde a diversidade

4.000,00 €

Total concesión

144.846,39 €