Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 3/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 3/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Martínez Combarro contra Sintel, S.A., Fogasa, Asociación para la Colaboración con los Trabajadores de Sintel e Comisión Liquidadora de Sintel, sobre dereito e cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo número 3/2018, seguido por instancia de José Luis Martínez Combarro, asistido polo letrado Sr. López Núñez, contra Comisión Liquidadora de Sintel, S.A., entidade representada por Alejandro Latorre Atance e asistida polo letrado Sr. Latorre Marlasca; Gregorio Mingor Conde, falecido, e, en virtude de posterior ampliación, contra a Asociación para la Colaboración con los Trabajadores de Sintel, na persoa do seu presidente, Adolfo Jiménez Blázquez, e secretario, Jesús Alfonso Muñoz Redondo, que non comparece, ao igual que a codemandada Sintel, S.A. e o Fogasa, en materia de reclamación de cantidade, con base nos seguintes

Que, desestimando a demanda presentada por instancia de José Luis Martínez Combarro contra Comisión Liquidadora de Sintel, S.A., entidade representada por Alejandro Latorre Atance; a Asociación para la Colaboración con los Trabajadores de Sintel, na persoa do seu presidente, Adolfo Jiménez Blázquez, e secretario, Jesús Alfonso Muñoz Redondo; Sintel, S.A. e Fogasa, absólvense os demandados das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sintel, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza