Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (120/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Calvo González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº execución de títulos xudiciais 120/2019 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 24 de outubro de 2019, ás 9.25 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración da comparencia, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación á celebración da comparecencia a Hipescar, S.L., e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza