Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 151/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 151/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Nieto Pol contra a empresa Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do referido título xudicial a favor da parte executante, Joaquín Nieto Pol, fronte a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., parte executada, por importe de 11.308,69 euros de principal [10.324,35 euros brutos + 189,33 euros netos + 795,01 euros de xuro por mora ao 10 %], máis outros 1.130,87 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “Código 30 Social-Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens da executada e, unha vez verificado, unir o resultado obtido ás presentes actuacións.

– Requirir a parte executante co fin de que no prazo de 4 días designe número de conta bancaria en que se ingresarán as sumas que se vaian obtendo.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596, clave 64 N, aberta en Banesto, e consignar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida de “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

1. O Servizo de Correos devolveu sen entregar, coa nota “descoñecido”, a comunicación dirixida a notificar á parte executada o auto e o Decreto do 2.9.2019 no domicilio Luchán do Monte, 27, Marín; á vista do anterior, acórdase efectuar indagación domiciliaria integral a través do punto neutro xudicial e, unha vez obtido novo domicilio, sito en Santiago de Compostela, acordo:

– Intentar novamente a notificación das referidas resolucións e da presente resolución no domicilio obtido, sito na praza Roxa, núm. 1, 1º B, Santiago de Compostela.

– Así mesmo, ao non constar na indagación domiciliaria realizada outros domicilios da executada en que intentar a comunicación, con carácter simultáneo notifícanse as mesmas resolucións mediante publicación no Diario Oficial de Galicia por se a notificación postal acordada resulta novamente infrutuosa.

2. Recibiuse neste xulgado escrito presentado pola representación procesual da parte executante en que se achegaba número de conta segundo requirimento efectuado por este xulgado; únase o escrito aos autos correspondentes e téñase por cumprido o requirimento.

3. Así mesmo, a parte executante presentou escrito en que solicitaba a ampliación da demanda contra a empresa Seimarín 2019, S.L. polo que, á vista da dita solicitude, acordo:

– Citar a comparecencia a todas as partes do presente procedemento e a entidade Seimarín 2019, S.L. co fin de que S.Sª resolva sobre a solicitude de ampliación de execución e, efectuada consulta da axenda de sinalamentos deste órgano xudicial, sinálase o próximo día 20.11.2019, ás 10.10 horas, para a súa celebración, á cal deberán comparecer os citados cos medios de proba de que se intenten valer.

– A parte executante entenderase citada coa notificación da presente resolución á súa representación procesual. Expediranse os despachos oportunos co fin de levar a cabo a citación da parte executada e da entidade respecto á cal se pretende ampliar a execución.

– Tendo en conta as dificultades anteriormente consignadas para notificar á parte executada, practíquese asemade citación desta mediante edictos, por se a citación por vía postal resulta infrutuosa.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza