Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 726/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 726/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mileidy Rodríguez Díaz contra Creaciones Marijose, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou, con data do 19 de setembro de 2019, a Sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mileidy Rodríguez Díaz contra a entidade Creaciones Marijose, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Creaciones Marijose, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.601,49 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre xaneiro e abril de 2018; 1.063,2 euros brutos como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 422,16 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, con imposición das custas deste procedemento, que incluirán os honorarios do letrado, co límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, e sinalar en «Concepto» os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta nº 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Marijose, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza