Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SAN 445/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de sancións 445/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agostina Isabel Villegas Maza contra Riveiro y Riveiro Asociados, S.L., sobre sancións, se ditou, con data do 18 de setembro de 2019, a Sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de sanción foi interposta por Agostina Isabel Villegas Maza contra a entidade Riveiro y Riveiro Asociados, S.L. e, en consecuencia, debo revogar e revogo a sanción imposta á traballadora con data do 2 de abril de 2019 e, ademais, debo condenar e condeno a empresa Riveiro y Riveiro Asociados, S.L. a aterse a esta declaración, quedando sen efecto a amoestación imposta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Riveiro y Riveiro Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza