Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44733

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, para a delimitación do solo núcleo rural de Esmoriz.

Con data 20.8.2019 o Concello de Chantada remitiu o expediente de referencia en contestación ao requirimento desta dirección xeral do 7.6.2019, para os efectos de resolver sobre a súa aprobación definitiva, consonte o establecido na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), no cal se indica que os plans aprobados inicialmente antes da entrada en vigor desta lei poderán adaptarse integramente a esta lei ou continuar a súa tramitación a teor do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), aínda que as súas determinacións deberán adaptarse plenamente a esta lei.

Analizada a documentación remitida, redactada polo arquitecto Alfonso Botana e dilixenciada de aprobación provisional do 1.8.2019, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Chantada réxese polo Plan xeral de ordenación urbana aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 29.7.1985, no cal se delimita o núcleo de Esmoriz.

1.2. De acordo coa documentación remitida polo Concello, a tramitación incluíu:

– Informe de Secretaría de inicio (6.2.2014) do proxecto de decembro de 2014.

– Informe xurídico (6.2.2014) e técnico municipal (20.1.2014).

– Resolución do 18.3.2014 pola cal a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental acorda non someter o expediente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

– Aprobación inicial da delimitación (acordo plenario do 2.2.2015).

– Exposición pública, con anuncios en El Progreso (12.2.2015), La Voz de Galicia (12.2.2015) e DOG (12.3.2015). Non foron presentadas alegacións.

– Emisión de informes sectoriais:

- Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (DXPC) do 13.10.2015 e 15.4.2016 (favorable condicionado).

- Deputación Provincial de Lugo, en materia de estradas, emitidos o 10.4.2015 (desfavorable), 28.3.2016 (favorable), 8.7.2018 (desfavorable) e 29.3.2019 (favorable).

- Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) emitidos o 13.4.2015 e o 5.7.2016 (favorable o segundo respecto aos usos permitidos). En relación aos recursos hídricos necesarios e ao destino das augas residuais remite ás ordenanzas.

- Dirección Xeral de Telecomunicacións do 22.6.2015, favorable.

– Aprobación provisional da delimitación (acordo plenario do 12.9.2016).

– Informe xurídico (31.7.2019) e técnico municipal (7.5.2019).

– Segunda aprobación provisional da delimitación por acordo plenario do 1.8.2019.

II. Aspectos xerais. Contido.

A modificación propón a delimitación do núcleo rural de Esmoriz cun ámbito de 8.67 ha, diferenciando unha parte histórico-tradicional de 6.04 ha, e outra común de 2.63 ha; en diante NRHT e NRC, respectivamente.

O proxecto define o trazado da rede viaria existente e as zonas edificables do núcleo, regulando as condicións de uso, volume, estéticas, etc. aplicables. Ademais, cataloga varias construcións de carácter tradicional (vivendas, hórreos, fontes e cruceiro). Non se reservan zonas específicas para dotacións públicas, nin áreas para actuacións de carácter integral.

III. Análise e observacións.

III.1. En relación co requirimento do 3.4.2017, púidose comprobar que as referencias normativas refírense á Lei 2/2016, do solo de Galicia; xustifícase a consolidación do NRC, pasando de 4.21 ha a 2.63 ha, eliminando o crecemento inxustificado ao leste do núcleo; non se actúa fóra do ámbito da modificación, nin clasificando solo nin catalogando ningún elemento, e achégase ficha en que se recolle a información urbanística do núcleo.

Canto ás ordenanzas, establécense condicións diferenciadas para cada un dos tipos básicos de solo de núcleo rural; regulánse as condicións da posible segregación de parcelas; establécense as condicións indicadas no artigo 124.2.c) do RLSG sobre fronte mínima das parcelas; regúlanse as condicións das edificacións auxiliares, e o elemento catalogado CAU01 sitúase detrás da aliñación do viario, mentres que os peches de pedra se sitúan nas aliñacións.

III.2. Polo que respecta ao requirimento do 16.2.2018, achégase certificado de Secretaría sobre a aprobación provisional do 12.9.2016 e informes técnico e xurídico favorables a ela; informe favorable da Deputación Provincial de Lugo (12.2.2019) en relación co proxecto presentado en febreiro de 2019.

III.3. En relación co requirimento do 7.6.2019, achégase exemplar en papel debidamente dilixenciado, con informes e certificado de Secretaría sobre aprobación provisional do 1.8.2019.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dunha modificación puntual de planeamento xeral que teña por obxecto a delimitación do solo de núcleo rural, corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de conformidade co disposto no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia modificado parcialmente polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, para a delimitación do solo de núcleo rural de Esmoriz, parroquia de Esmoriz (San Xillao).

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio esta delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíqueselle ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file