Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xullo de 2019 polo que se notifica a resolución do expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W27.64239 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse aos titulares dos NIF/NIE definidos no anexo as resolucións ditadas no expediente DH.W27.64239 e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W27.64239

33769431A

3.6.2019

Desistencia

DH.W36.64658

35304171E

8.4.2019

Desistencia

DH.A15.61191

32700997B

8.4.2019

Desistencia