Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de xullo de 2019 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.61795.

O 24 de xuño de 2019 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra a persoa titular do NIF 32608377N (TM Monfero) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle a resolución á persoa interesada, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante a Presidencia de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia