Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xullo de 2019 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D27.62310.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao titular do NIF/NIE 76935245S a Resolución do 27 de maio de 2019 ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D27.62310.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida deade o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia