Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 128/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 128/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Sanandrés Pensado contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ambuibérica, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Egarsat de accidentes de traballo e enfermidades profesionais nº 276, e Fondo de Garantía Salarial, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimando integramente a demanda interposta por Rubén Sanandrés Pensado contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ergasat, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 276, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas, a lle aboar ao demandante, de modo conxunto e solidario, a cantidade de 114,60 euros correspondentes á prestación de IT dos días 1 ao 3 de xuño de 2016, con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia empresarial.

2. Debo condenar e condeno a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L. e Ambuibérica, S.L., como responsables directas, a lle aboar ao demandante, de modo conxunto e solidario, a cantidade de 298,91 euros correspondentes á prestación de IT dos días 7 ao 15 de agosto de 2016, con responsabilidade subsidiaria de Ergasat, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 276, en caso de insolvencia empresarial.

3. Non procede declarar responsabilidade do Fogasa nesta instancia, polo que se debe proceder á súa absolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza