Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 178/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 178/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Arestin Maneiro contra Víctor Manuel Rodríguez Souto, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Samuel Arestin Maneiro fronte a Víctor Manuel Rodríguez Souto, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará a data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz

O/a letrado da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

En Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Despois de presentar o traballador Samuel Arestin Maneiro exixindo o cumprimento polo empresario Víctor Manuel Rodríguez Souto da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución da sentenza nº 361/19 de data 22 de xullo ditada no procedemento DSP 273/19, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 19 de novembro de 2019 ás 12.15 horas na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/A letrado da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Víctor Manuel Rodríguez Souto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza