Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EXP 127/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución provisional 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

Tendo en conta, á vista das presentes actuacións e do escrito presentado pola parte executante, a teor do disposto no artigo 240 da LRXS e de conformidade co artigo 238 do mesmo texto legal, acordo:

– Citar de comparecencia a empresa Central Gym Santiago, S.L. fronte a que se solicita a ampliación da execución, para o próximo día 29.10.2019 ás 12.00 horas na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e fágaselle saber que debe de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes que comparecen.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto a la resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza