Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 20 de setembro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-01735-O-2019 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01735-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 20 de setembro de 2019

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01735-O-2019

9780-KTC

42172050D

Incumprir o réxime de tarifas vixente para o servizo de taxi.

7.4.2019; 4.18; SC-20; 10,2

Art. 61.d) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

601 euros

XC-01827-O-2019

0774-DGC

76321901N

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

2.4.2019; 15.53; AC 445; 12,0

Art. 141.21 LOTT Art. 19825 ROTT

Art. 201.d) ROTT Art. 143.1 LOTT

401 euros

XC-01830-O-2019

9780-KTC

42172050D

Carecer do preceptivo documento no cal se deben formular as reclamacións das persoas usuarias ou negar ou obstaculizar a súa disposición ao público.

7.4.2019; 4.15; SC-20; 10,2

Art. 61.a) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

601 euros