Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar, faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e que a súa publicación, no boletín oficial da Comunidade Autónoma, é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto, que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícaselles as interesadas que constan no anexo, o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

ANEXO

Interesada

(Comercio)

Expediente

Acto

Concello

DYA Eventos y Ferias, S.L.

PO-04/2019

Proposta de resolución de expediente sancionador

Albacete

Vintage Jeans, S.L.

PO-15/2019

Acordo de inicio de expediente sancionador

Santiago de Compostela

Vigo, 27 de setembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra