Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-01361-O-2019 e catro máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01361-O-2019 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 19 de setembro de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01361-O-2019

0011-FHC

35316479W

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.10.2018; 18.34; VG-4.4; 13,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01497-I-2019

0061-BRD

13051358P

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

31.5.2019

Art. 140.12 LOTT

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01589-I-2019

1618-FZY

13051358P

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

10.6.2019

Art. 140.12 LOTT

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01610-O-2019

9831-BTZ

52341954A

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

1.10.2018; 13.55; A-52; 294,0

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1 LOTT

1.001 euros

PO-01942-O-2019

5938-IG

Y4982720Z

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

29.11.2018; 18.36; N-550; 153,6

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros