Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de dotacións e infraestruturas para equipamentos en solo rústico Aula da Natureza, no concello de Ortigueira, promovido por José Alejo Fustes Sierra e Mª Carmen Martínez Parapar (expediente 2019AAE2346; código 2216/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 25 de setembro de 2019, sobre o Plan especial de dotacións e infraestruturas para equipamentos en solo rústico: Aula da Natureza, no concello de Ortigueira, promovido por José Alejo Fustes Sierra e Mª Carmen Martínez Parapar.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático