Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44256

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se clasifica de interese asistencial a Fundación Rofer.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Rofer con domicilio na ronda da Muralla número 81, en Lugo.

Feitos:

1. O 3 de maio de 2018, María del Pilar Núñez-Torrón Caballero, secretaria do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Rofer constituíuse en escritura pública outorgada en Lugo o 20 de febreiro de 2018, ante o notario Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias, co número de protocolo 525, por Roberto Rodríguez Pombo e María del Pilar Fernández López que actúan no seu propio nome e dereito.

Esta escritura emendouse por outras dúas outorgadas na mesma localidade e ante o mesmo notario; a primeira o 12 de decembro de 2018, co número de protocolo 4.210; e a segunda o 29 de maio de 2019, co número 1.780 do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto primordial «a colaboración con diferentes entidades sen ánimo de lucro dedicadas, entre outras, á atención e asistencia de anciáns, mulleres e nenos, así como outros colectivos vulnerables».

4. O padroado inicial da Fundación está formado por Roberto Rodríguez Pombo como presidente; María del Pilar Fernández López como vicepresidenta; e María del Pilar Núñez-Torrón Caballero como secretaria.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese asistencial da Fundación Rofer, en base ás materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de secretarios xerais, procede a súa clasificación como de interese asistencial e a súa adscrición á Consellería de Política Social.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde a esta Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais, na súa reunión do día 16 de setembro de 2019,

DISPOÑO:

Clasificar de interese asistencial a Fundación Rofer, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Política Social.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza