Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan para o trámite de audiencia as persoas interesadas no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/0151 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas mencionadas no anexo, no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben porque se descoñece o lugar en que practicar as correspondentes notificacións, ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido realizar.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar os respectivos expedientes na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda en cada caso.

Lugo, 13 de setembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/outro

Procedemento

LU-2016/0151

J158415

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2016/0019

ZU1381682

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia