Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os requirimentos de documentación relativos ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2019/0109 e un máis).

Os días 8 e 20 de agosto de 2019, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou cadanseu requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro, expedientes LU-2019/0109 e LU-2019/0098, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

Os ditos requirimentos non se puideron notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para presentaren a documentación requirida. De non facelo así, teranse por desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro dos actos que se notifican, así como o resto dos respectivos expedientes, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 13 de setembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Núm. de expediente: LU-2019/0109.

Persoas interesadas (DNI/NIE/outro): 44484534G e AT714072.

Documentación requirida: vid. artigos 5.g) e 11.2, parágrafos b), c) e f), do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Núm. de expediente: LU-2019/0098.

Persoas interesadas (DNI/NIE/outro): 51451295L e 32682433P.

Documentación requirida: declaración de vontade de constituír unha parella de feito mediante comparecencia persoal de ambos os dous membros desta diante da persoa encargada do rexistro.