Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2014/00594 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra para que poidan consultalos e formularen as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

Pontevedra, 18 de setembro de 2019

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2014/00594

48571156D

PO-2013/00334

A01666821

PO-2019/00309

35461548X

PO-2016/00179

YB247065

PO-2018/00423

Y5644662Q

PO-2009/00859

36006316T