De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 24 de setembro de 2019
Cristina Carríón Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado pola |
CO-RES-2019-113 |
Niculina Giurgiuveanu |
Acordo de iniciación |
Xefa territorial |
CO-RES-2019-128 |
Antonio Pilar Mellado |
Acordo de iniciación |
Xefa territorial |