Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior para vivendas de promoción pública. Promotor Concello de Oímbra.

Logo de ser aprobado incialmente o 10 de setembro polo Pleno do Concello de Oímbra o Plan especial de reforma interior para vivendas de promoción pública, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal calquera persoa interesada poderá examinar o expediente na Secretaría municipal, en horario de oficina, e formular as alegacións que considere procedentes nun escrito dirixido á Alcaldía.

Oímbra, 27 de setembro de 2019

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa