Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43815

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D20/2019, do 23 de setembro, pola que se nomea profesores contratados doutores a Antón Cacabelos Reyes e Víctor Ángel Alfonsín Pérez (PCD-15).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas das prazas de profesor contratado doutor PCD-15 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocadas pola Resolución D/03/2019, do 3 de xuño (DOG do 10 de xuño), e presentada polos candidatos propostos a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Antón Cacabelos Reyes, con DNI ***5591**, y a Víctor Ángel Alfonsín Pérez, con DNI ***5139**, profesores contratados doutores do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte das persoas interesadas.

Marín, 23 de setembro de 2019

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar de Marín