De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-17 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/03/2019, do 3 de xuño (DOG do 10 de xuño), e unha vez presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Miguel Rodelgo Lacruz, con DNI ***8328**, profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.
Marín, 23 de setembro de 2019
José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar de Marín