Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43817

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D22/2019, do 23 de setembro, pola que se nomea profesor contratado doutor a José María Núñez Ortuño (PCD-18).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-18 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD), situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/03/2019, do 3 de xuño (DOG do 10 de xuño), e unha vez presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a José María Núñez Ortuño, con DNI ***8733**, profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato por parte da persoa interesada.

Marín, 23 de setembro de 2019

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar de Marín