Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43818

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 25 de novembro de 2019 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 853 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 18, 19, 20, 21 e 22 de novembro, neste acuartelamento, das 9.00 ás 13.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega dos sobres coas ofertas rematará ás 13.00 horas do día 22 de novembro.

A ela poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 10 de setembro de 2019

Javier Jambrina Rodríguez
Coronel xefe