Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo.

O Pleno do Concello de Mesía, en sesión do 9.9.2019, acordou aprobar inicialmente o instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo, de conformidade co artigo 93 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, así como sometelo a información pública polo prazo de vinte días, publicando os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia e no diario La Voz de Galicia.

O prazo de información pública comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante el todas as persoas interesadas poderán consultar o documento nas oficinas municipais, así como presentar as alegacións que consideren oportunas.

O documento tamén poderá consultarse na páxina web do concello:

http://www.concellodemesia.gal

Mesía, 13 de setembro de 2019

Mariano Iglesias Castro
Alcalde