Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43605

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade a varios encargos a medio propio realizados por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade os seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 11 de xuño de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico de apoio á tramitación das axudas ao abeiro do Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES), de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables.

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do Programa MOVES, de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 11 de xuño de 2019 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e sete mil seiscentos vinte euros con oitenta e cinco céntimos (37.620,85 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09 A2 733A 227.99 (código de proxecto 201500006).

2. Resolución do 28 de xuño de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a execución da obra fase 1ª substitución da iluminación das fachadas do Edificio Central de San Caetano (Santiago de Compostela, A Coruña).

– Actividade: substitución da iluminación ornamental das fachadas dianteira e posterior do Edifico Central do Complexo Administrativo de San Caetano.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 28 de xuño de 2019 ata o 24 de xullo de 2019.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, o orzamento de execución ascende á cantidade de cento cincuenta e catro mil cento noventa e seis euros con sesenta e tres céntimos (154.196,63 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.608.9 (código de proxecto 201900006).

3. Resolución do 20 de agosto de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o estudo de impacto técnico-económico da implantación de novas tecnoloxías para uso das biomasas non valorizadas de alto potencial (BNVAP) e análise de posibles liñas de subvención para fomentar o seu aproveitamento.

– Actividade: elaboración dun estudo técnico-económico da implantación das novas tecnoloxías e biomasas, do Programa de cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co código 0015_BIOMASA_AP_1_E.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 20 de agosto de 2019 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, o orzamento de execución ascende á cantidade vinte e oito mil dous euros con once céntimos (28.002,11 €) da aplicación orzamentaria 09 A2 733A 227.06 (código proxecto 201700003), dos que o 75 % son de fondos Feder e o 25 % son fondos propios para cofinanciar o proxecto.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia