Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43604

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de setembro de 2019 pola que se modifican os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU403A).

BDNS (Identif.): 472719.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 5 de novembro de 2019, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 5.2 da Resolución do 26 de setembro de 2019 pola que se modifican os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia