Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43602

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2019 pola que se modifican os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU403A).

O 16 de setembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 175 a Resolución do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU403A).

O artigo 5.2 das citadas bases reguladoras establece que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desa resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resulta conveniente, dado que se trata da primeira convocatoria destas subvencións, a ampliación do citado prazo, de xeito que se establece como último día para presentar as solicitudes o 5 de novembro de 2019, polo que o artigo 5.2 das bases queda redactado como segue:

«As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O último día de prazo para presentar as solicitudes será o 5 de novembro de 2019».

Así mesmo, e dada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes resulta preciso modificar o prazo de xustificación dos proxectos ou actuacións subvencionadas que se executen entre o 1 de setembro e o 31 de outubro, para os efectos de permitir a tramitación e resolución dos expedientes relativos aos citados proxectos con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido, de xeito que se modifica o artigo 20.2 das bases, que queda redactado como segue:

«2. Establécense os seguintes prazos de xustificación das axudas concedidas:

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2019, o prazo de xustificación rematará o 10 de decembro de 2019.

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 31 de outubro de 2020».

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia