De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla 70-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.
Advírteselle que, de non ser interposto o recurso no tempo e na forma, a resolución adquirirá firmeza.
Expediente: 48/2014 (acta de infracción I272014000024290).
Data da resolución: 4 de setembro de 2019.
NIF/CIF: B27400951.
Enderezo: rúa O Río 11 entrechán, porta 7, 27880 Burela (Lugo).
Lugo, 19 de setembro de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo