Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2019/136-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Eirís Ofimático Sociedade Cooperativa Gallega.

Enderezo social: rúa Cantón Grande, 6, 2º C, 15003 A Coruña.

Denominación: centro de transformación de 630 kVA no parque ofimático da Coruña.

Situación: rúa José Lesta Meis 1-13, 15009 A Coruña (parcela con ref. catastral 87853D5NH4988N).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución existente EIR739 (expediente IN407A2016/17-1), logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 4 + 4 m.

Centro de transformación prefabricado de formigón. Celas prefabricadas de seccionamento, seccionamento telecontrolada e protección con interruptor-seccionador con fusible combinado (24 kV, 400 A, 16 kA). Transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0.42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña