Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 15/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 15/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Balsa Ordóñez contra a empresa Trans Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di así:

Acordo considerar desistida a parte demandante da súa demanda e o sobresemento destas actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de rexistro correspondente e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión, ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza