De conformidade co previsto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública durante o prazo dun mes o Proxecto sectorial PS-1, área de vías, espazos libres e infraestruturas, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA, no concello de Vigo.
Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_SX_de_Organizacion_do_Territorio_e_Urbanismo?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_
publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019
Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo