Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2019-023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 18 de setembro de 2019

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

OU-RES-2019-023

Ciprian Liviu Matei

Resolución

Xefa territorial