Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43321

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no segundo cuadrimestre do ano 2019, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Afundación para a itinerancia da exposición Son de Galiza: no centenario dos coros galegos.

Sen dotación económica

11.5.2019

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen dotación económica

16.5.2019